Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

Primeiras valoracións da intervención realizada na Agra dos Castros, Marcelle, Lugo. (resumen)

Imagen
Primeiras valoracións da intervención realizada na Agra dos Castros, Marcelle (Lugo) No presente traballo ofrecemos unha síntese das  primeiras valoracións sobre a intervención arqueolóxica  levada a cabo nun asentamento inédito ata o momento. T rátase dun terreo no que abundan os mananciais de auga que serviron como zona de captación para o posterior acueduto da cidade romana, situada a escasos 1500 metros ao sueste do xacemento (fig 1). Aínda que o topónimo se conservou ao longo do tempo, o castro non estaba catalogado como tal. Fig. 1. Situación do asentamento respecto ao río Miño e á cidade de Lugo. Superficialmente non se aprecian evidencias de elementos defensivos como foxos, parapetos ou murallas. Trátase dunha zona aparentemente chá e sen cambios bruscos na topografía. Tampouco se aprecian restos de construcións en superficie, a pesar de aparecer a escasos centímetros da rasante actual e de ser unha zona moi alterada polos traballos agrícolas. No ano 19